Buscar...

Termalismo Social 2018

Compartir

CONCELLO DE MORAÑA
DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que o Instituto de Maiores e Servizos Sociais, convoca a concesión de prazas para pensionistas que desexen participar no “PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL 2018”.
O desenvolvemento do Programa efectuarase en dúas quendas, de febreiro a agosto e de setembro a decembro cunha duración de 12 ou 10 días cada un.
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, poderán presentalas nas Oficinas Municipais do Concello:
– Ata o día 04 DE XANEIRO DE 2018, os que desexen asistir no primeiro turno de febreiro a agosto.
– Ata o día 11 DE MAIO DE 2018, os que desexen asistir no segundo turno de setembro a decembro.
Para mais información poden dirixirse ó Servizo Social Comunitario do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Moraña , 27 de decembro de 2017.
 
Concello de Moraña
Pódese descargar este Bando en formato PDF aquí: Termalismo Social
 

Accesibilidade