Buscar...

Termalismo Social Imserso 2014

Compartir

B A N D O

DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA.

FAI SABER:

Que o Instituto de Maiores e Servizos Sociais, convoca a concesión de prazas para pensionistas que desexen participar no “PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL 2014”.
O desenvolvemento do Programa efectuarase en dous turnos de febreiro a agosto e de setembro a decembro cunha duración de 12 ou 10 días cada un.
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, poderán presentalas nas Oficinas Municipais do Concello:
– Ata o día 16 DE XANEIRO DE 2014, os que desexen asistir no primeiro turno de febreiro a agosto.
– Ata o día 16 DE MAIO DE 2014, os que desexen asistir no segundo turno
de setembro a decembro.
Para mais información poden dirixirse ó Servizo Social Comunitario do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Moraña , 17 de decembro de 2013.
A ALCALDESA
Asdo. Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS
Pódese descargar este bando en formato pdf aquí: TERMALISMO SOCIAL,IMSERSO

Accesibilidade