Farase da man de Afapo (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra). Os usuarios da Unidade Terapéutica son derivados pola Xunta de Galicia e xa están cubertas tres das 10 prazas dispoñibles.
No caso do obradoiro de memoria, as persoas interesadas poderán inscribirse a través do teléfono de Afapo ou de Servizos Sociais do Concello. Serán todos os venres, de 10.00 a 11.30 horas e hai 15 prazas en total. Arrancarán o 2 de marzo.
O Local Social de Alende acollerá a partir do 2 de marzo un Obradoiro de Memoria, organizado por Afapo (Asociación de Familiares de Enfermos y otras Demencias de Pontevedra) en colaboración co Concello de Moraña, onde tamén se porá en funcionamento
a Unidade Terapéutica para persoas con Alzheimer. Esta unidade, xestionada a través da Xunta de Galicia, que é quen deriva ás persoas usuarias, xa conta con 3 persoas.
O alcalde, José Cela, visitou hoxe as instalacións, nas que o Concello tamén investiu para poder dotalas do mobiliario necesario. O Obradoiro de Memoria terá capacidade para 15 persos e desenvolverase todos os venres, de 10.00 a 11.30 horas, a cargo dunha terapeuta
da asociación.
Poderán participar deste obradoiro persoas a partir dos 60 anos de idade que carezan de diagnóstico de enfermidade neurodexenerativa, xa que o obxectivo fundamental deste obradoiro é o de previr a aparición deste tipo de patoloxías, fomentando o envellecemento
activo.
Levaranse a cabo traballos grupais con distintas técnicas que fomenten a cohesión entre as persoas, a sociabilidade, a diversión, o coñecemento mutuo e o traballo en equipo.
Ademais, realizaranse exercicios cos que traballar a memoria, a linguaxe, a escritura, o cálculo, a atención, a reminiscencia e outras funcións.
As persoas interesadas poden solicitar unha praza chamando ao teléfono do Concello (986552018) ou de Afapo (986842141). Os técnicos de Afapo valorarán á persoa para así poder constatar que está nun nivel de posibilidades cognitivas correcto para estar no obradoiro, xa que se xa ten algún tipo de deterioro debería acudir mellor á Unidade Terapéutica.
Síguenos nas Redes Sociais