As dez alumnas da especialidade formativa de albanelería do obradoiro de emprego Ulla Umia II, pertencente ós concellos de Moraña e Valga, a titora e a directora asisten a unha visita formativa á Cidade da Cultura en Santiago.
Tratouse dunha visita guiada polo arquitecto Antonio Maroño, na cal explicou a construcción do complexo, materiais empregados, proxecto arquitectónico e coxeneración enerxética. A visita partiu do edificio do museo, percorrendo as instalacións o arhivo e a biblioteca.
Síguenos nas Redes Sociais