• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

BANDO: Apertura Matrícula Escola de Música


BANDO

DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.

FAI SABER:

Que o Concello de Moraña abre o prazo de matrícula para o curso 2017-2018 da Escola de Música Municipal de Moraña.

A matrícula deberá facerse no concello en horario de 9 a 15 horas.

O prezo será o seguinte:

  • Matrícula por curso escolar: 50 Euros.
  • Mensualidades para os nenos e nenas de Música e Movemento(Dúas clases semanais de 45 minutos cada unha): 20 Euros.
  • Mensualidades para os nenos e nenas de Instrumento: 40 Euros.
  • As clases de instrumento constarán de:
  • Unha clase colectiva semanal de linguaxe musical, cunha duración de hora e media.
  • Unha clase colectiva semanal de conxunto instrumental, cunha duración dunha hora.
  • Unha clase individual de instrumento que será de 30 minutos para os menores de 8 anos, 45 minutos para alumnos de 8 a 11 anos e unha hora para os maiores de 11 anos.

PRAZO PARA MATRICULARSE: Do 29 de xuño ó 15 de xullo.
Prazas limitadas.

Para máis información poden dirixirse ó concello ou chamar ó teléfono 986 55 30 05.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Moraña, 16 de xuño de 2017
A ALCALDESA
Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS

 

Deixamos aquí toda a documentación para a matriculación: MATRICULA 2017-2018

Deixa unha resposta

O Tempo en Moraña

Enlaces Destacados

Recollida Selectiva e Reciclaxe Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural Telefonos de Interese Plan Urbanístico Novo Plan Xeral Perfil do Contratante Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención de Drogodependencias Oficina Virtual do Oral Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar Plan Concellos DEPO 2017