En 1972 créase o Centro Nacional Comarcal de Santa Lucía, hoxe o CPI Santa Lucía, que conta cunha nave central (onde se sitúan o comedor, os distintos departamentos da ESO e a sala de gardas) que ten pegadas dúas ás de tres flancos cada unha, nas que se atopan as aulas de ensino primario e secundario. Anos máis tarde engadíronselle dous edificios máis: o edificio de ensino infantil, que conta con dous andares, o primeiro reservado para os alumnos de tres anos, e outro máis actual, onde se encontran a aula de informática, o taller de tecnoloxía, a aula de música, a aula de debuxo, a biblioteca, unha sala de profesores, o departamento de orientación e as oficinas administrativas (secretaría, xefatura de estudos e dirección). No contorno do colexio atópanse as pistas deportivas e os pavillóns polideportivos, onde se desenvolven as clases de educación física e as distintas actividades deportivas. En canto á oferta educativa o centro dispón de ensino infantil (3-6 anos), ensino primario (6-12 anos), ensino secundario obrigatorio (12-16 anos) e o programa de garantía social. Outros servizos cos que conta o colexio son comedor e transporte gratuíto.
No Concello existen tres escolas de educación infantil, a de Amil, a de San Lourenzo e a de Lamas, que achegan o ensino infantil ao alumnado que vive máis afastado do centro escolar. Estas escolas contribúen a aumentar o número de matrículas no ensino infantil. Ademáis, contamos cunha Galiña Azul na Rúa 7.
Situada na rúa 3 do núcleo urbano este antigo cuartel da Garda Civil inaugurouse en 2000. Este local componse de dúas plantas: unha primeira, na que se encontran o vestíbulo e a biblioteca; e unha segunda, que conta cunha enorme sala para exposicións, a sala-auditorio, cunha capacidade para 120 persoas e demais aulas onde se imparten cursos, conferencias e clases de música.
O Concello de Moraña conta cun Centro de Interpretación do Patrimonio situado na antiga escola de Santa Xusta, no lugar da Igrexa. Máis información aquí.
Inaugurado en Decembro de 2019, o Centro Sociocultural Municipal é un espazo renovado sobre un edificio emblemático na historia de Moraña: o Mercado Municipal. Un local destinado a unha nova funcionalidade que vai favorecer aínda máis da gran dinámica sociocultural das nosas asociacións e da nosa veciñanza.
Síguenos nas Redes Sociais