Nos últimos anos a Concellería de Medio Ambiente vén desenvolvendo campañas de sensibilización encamiñadas a unha maior concienciación da cidadanía co tema dos residuos.
É necesario que os veciños e veciñas de Moraña realicemos correctamente a clasificación dos residuos domésticos que xeramos nos nosos fogares así como o posterior depósito destes nos colectores específicos para cada tipo de residuo.
Aquí presentamos dúas guías de boas prácticas e información para que se teñan en conta nos seus fogares ou ben na súa actividade laboral.
…na nosa casa debemos facer unha selección do lixo, segundo sexa papel, vidro, envases ou restos orgánicos?
… coa enerxía que se aforra ao reciclar unha botella de vidro mantense acendida unha lámpada de 100 W durante catro horas?
…unha tonelada de plástico reciclado representa aforrar case unha tonelada de petróleo?
…por cada brick recuperado afórrase a enerxía equivalente dunha lámpada acesa durante hora e media?
… por cada tonelada de vidro usado que se recicla afórranse 150 kg de fuel?
… cada tonelada de papel recuperado contén unha cantidade de fibras celulósicas igual a que se obtería de 4 m3 de madeira para o que se necesitarían un catorce árbores?
…unha soa pila de botón contamina 600.000 l de auga, que é a que bebe unha familia de catro membros ao longo da súa vida?
…un litro de aceite mineral usado, vertido nun lago pode chegar a contaminar até 1.000 m2 da superficie da auga, xa que se estende en forma de fina capa sobre a superficie?
….verter aceites polos fregadeiros deteriora as cañerías ata a súa inutilidade?
… o aceite recollido servirá para producir un carburante para automóbiles chamado BIODIESEL?
…se ti queres a cidade estará limpa?
Síguenos nas Redes Sociais