Concello da comarca de Caldas, provincia de Pontevedra, está delimitado polos termos municipais de Cuntis (N), Pontevedra, Campo Lameiro e Barro (S), Cuntis e Campo Lameiro (L) e Caldas de Reis, Portas e Barro (O).
Abrangue unha superficie de 41,3 quilómetros cadrados e acolle unha poboación de 4.274 habitantes (2007) distribuídos en nove parroquias: Amil (San Mamede), Cosoirado (Santa María), Gargantáns (San Martiño), Lamas (Santa Cruz), Laxe (San Martiño), Rebón (San Pedro), Saiáns (San Salvador), San Lourenzo (San Lourenzo) e Santa Xusta (Santa Xusta). A súa capital municipal é Santa Lucía, pertencente á parroquia de Saiáns.
Está adscrito á provincia de Pontevedra, á diocese de Santiago (arciprestado de Moraña-Cuntis) e ao partido xudicial de Caldas de Reis.
Alsa
Estación de Autobuses de Vigo – Estación de Autobuses de Pontevedra
Monbus
Estación de Autobuses de Vigo – Estación de Autobuses de Santiago de Compostela
Estación de Tren de Pontevedra
a 22 km.
Estación de Tren de Vigo
a 49 km.
Aeroporto de Lavacolla
(Santiago de Compostela) a 47 km.
Aeroporto de Peinador
(Vigo) a 49 km.
Síguenos nas Redes Sociais