Moraña posúe unhas ricas e antigas raíces, e unha das súas manifestacións é toda unha serie de construcións salpicadas por todo o municipio ao longo de miles de anos utilizando a pedra como principal materia prima. Coa romanización tamén chegou a cristianización destas terras e dos pobos que as habitaban, e froito diso foi a proliferación de templos, capelas e ermidas e construcións civís, como pazos e casonas brasonadas, testemuñas da residencia de familias nobres posuidoras de grandes propiedades na zona.
Son antigas casonas de pedra, como se reflicte nos seus escudos de armas esculpidos nas súas fachadas.
Situada na parroquia de Santa Xusta, é de orixe medieval. O escudo que exhibe na súa fachada encóntrase en perfecto estado de conservación e ten un importante valor histórico. Na súa orixe foi propiedade dunha familia nobre da época.
Situada xunto á casa reitoral de Amil, considérase que este importante baluarte arquitectónico podería estar datado na Idade Media debido á súa forma arredondada. Crese que antigamente existía outra torre de similares características, hoxe desaparecida.
Á marxe dereita da estrada autonómica que leva a Campo Lameiro, concretamente na parroquia de San Lourenzo, levántase este pazo do século XVIII sobre a base dunha fortaleza ameada de época medieval. Neste pazo existe unha das mellores labras heráldicas de Galicia coas armas da familia Varela de Cerda, unha das máis ilustres da época con posesións por toda a comarca. A orixe da familia propietaria remóntase a descendentes de Ramiro I de Aragón e á súa dona Ermisinda, da Casa Real de Francia. Na actualidade funciona como establecemento de turismo rural. Ten trece habitacións, dúas delas suites, e piscina ao aire libre. O edificio principal está formado por tres espazos:
É unha casa-torre de antiga fortaleza feudal con escudo de armas situada na parroquia de San Lourenzo.
Pertencente á parroquia de Santa Cruz de Lamas conta cunha planta en Z e está composta de tres corpos, unha escalinata de acceso con balaustrada e unha galería apoiada en pilastras. Nunha leira de mediana extensión con xardíns amplos o pazo posúe unha galería con máis de trinta ventás, salóns enormes e moitas habitacións. Na actualidade está rehabilitado e habitado.
Fonte milagreira situada detrás da igrexa parroquial de Santa Xusta que data do século XVI. Parece que foi descuberta a principios dos anos trinta, despois de estar soterrada moitos anos, froito da revelación dunha muller aparecida ao párroco. A sona das súas augas curativas, pois tiña propiedades milagreiras para as feridas e outros males, estendeuse por toda a xeografía galega e achegaba a multitude de persoas para saborear a auga que curaba todos os males. Mesmo se chegou a comercializar como xabón dentro e fóra de Galicia. Esta atracción durou algúns anos na década dos trinta e supuxo un importante movemento económico para a zona. Non obstante, as autoridades provinciais da época consideraban perigosa a auga da fonte e ordenaron que se cortara a subministración dun manancial que, segundo eles, viña de debaixo do cemiterio.
Situada no lugar de Rozavella, Amil, foi construída polo arrieiro D. Sebastián de Castro. Ante a dificultade de obter a auga no lugar onde vivía para manter os seus animais e familia, optou por cavar unha pequena mina nas inmediacións do seu fogar e imploroulle á Virxe atopar a auga tan desexada. O desexo cumpriuse pois comezou a abrollar auga en abundancia e o arrieiro, en xesto de agradecemento, mandou realizar unha imaxe da Virxe en pedra e a continuación construíu a fonte de pedra nese lugar presidida pola imaxe
Pertencente á parroquia de San Pedro de Rebón, está situado seguindo o desvío cara a Amil na estrada de Porráns a Amil.
Casa Reitoral de Amil, Casa Reitoral de Cosoirado, Casa Reitoral de Saiáns, Casa-Torre dos Soto (San Lourenzo).
Moraña foi un territorio rural de difícil e tardía romanización (aproximadamente no s. IV), no que se foron estendendo pouco a pouco as crenzas relixiosas cristiás (moitos costumes pagáns foron asimilados polo cristianismo), que co paso do tempo arraigaron e converteron a moitas destas xentes en crentes devotos como o testemuñan feitos, costumes, lendas ou festividades, xunto a toda unha serie de construcións de motivo relixioso, repartidos ao longo do municipio e das que moitas mostras chegaron aos nosos días.
En todas as parroquias existen as súas respectivas igrexas parroquiais, a de S. Martiño de Laxe ten a particularidade de gardar no seu interior unha cruz de prata de principios do s. XVIII, obra do prateiro compostelán Domingo Trianes. Existen dúas igrexas parroquiais que destacan artisticamente pola súa orixe románica: a de S. Pedro de Rebón e a de S. Martiño de Gargantáns.
Datada nos s. XII-XIV, ao longo do s. XIX sufriu unha serie de modificacións na súa estrutura inicial. O templo conserva capiteis e canzorros da súa fábrica orixinal, ademais da ábsida románica na que se abre unha fiestra cun santo pousado no peitoril. Presenta unha ábsida semicircular con columnas arrimadas con capiteis figurados sobre os que se apoia unha cornixa. No tramo central está colocada unha ventá en arco, sobre ela un rosetón similar ao do mosteiro da Armenteira e aos pés un santo. Destacan os canzorros con animais e figuras humanas. No interior conserva o arco triunfal en ferradura apoiado sobre columnas lisas con capiteis figurados.
Datada nos s. XII-XIII, posúe numerosos elementos propios do estilo arquitectónico románico que se conservan a pesar das reformas da súa estrutura ao longo dos séculos. Aínda así, mantense a ábsida semicircular orixinal da nave, onde a armazón dos seus abovedamentos e o arco triunfal mostran un monumento de pleno período románico, e a parte do muro sur. A ábsida ábrese á nave na súa parte interior por un arco triunfal de medio punto sobre columnas de fuste liso e capiteis de decoración vexetal, na parte exterior divídena catro columnas arrimadas con capiteis decorados, mentres que no tramo central leva un rosetón con celosía tallada en moldura redonda lisa con decoración xeométrica. O rosetón está flanqueado por dúas fiestras acabadas en arco de medio punto con celosías e o beiril da igrexa presenta unha ornamentación variada.
Igrexa Parroquial de Amil • Igrexa Parroquial de Cosoirado • Igrexa Parroquial de San Lourenzo de Moraña • Igrexa Parroquial de Lamas • Igrexa Parroquial de Santa Xusta de Moraña • Igrexa Parroquial de Laxe • Igrexa Parroquial de Saiáns • Santuario dos Milagres de Amil
As capelas ou ermidas son igrexas de pequenas dimensións normalmente levantadas en honor a algún santo ou santa, onde se realizan celebracións esporádicas e puntuais. Destacan a Capela da Virxe da Merced (Lamas), a Capela de Mos (Saiáns), a Capela de Santa Margarida e a Capela da Virxe dos Milagres de Amil. Esta última é unha capela de estilo neoclásico tardío da segunda metade do século XVIII que está situada no coto da Chan, Amil. Foi levantada polo labrego e arrieiro Sebastián de Castro despois de encomendarse á Virxe para atopar un manancial de auga. Ao serlle concedido este desexo mandou tallar unha imaxe, a da Virxe dos Milagres, e levantou a ermida en 1780, que foi reconstruída no século XIX, entre 1845 e 1869. Sorprende a súa simplicidade xeométrica octogonal presidida por un gran pórtico clásico na súa entrada que remata nun frontón triangular sobre o que se ergue unha torre campanario de dous corpos. Ten tres portas de acceso, as tres alinteladas. No interior da capela destaca o camerino, habitual dos santuarios marianos, onde se sitúa a imaxe barroca da Virxe co Neno e dous grandes murais coloristas do pintor Rafael Úbeda. Ao santuario accédese a través dunha ampla escalinata, realizada entre 1948 e 1952, e na súa parte baixa existe unha fonte coa imaxe da Virxe que data de 1778. Nesta capela hónrase á Virxe dos Milagres, orixe da romaría do mesmo nome.
You must be logged in to post a comment.
Soy nieto de Maria rosa Genobeba Batallan y de ManuelEstevez Rodriguez deseo comunicarme con algun pariente agradeseria alguna informacion o Email soy de argentina mis abuelos nacieron ella en1896 6 de enero enSta lucia y el en 1892 en Angures Pontevedra
Hola Hector, leí tu comentario en la página del concello de Moraña, necesito precisar algún dato mas para poder ayudartev en esta búsqueda. Con los datos que tu mencionas “Mª Rosa Genobeba Batallan nacida en Santa Lucía el 6-1-1896” no encuentro a nadie en el registro civil.
El apellido Batallan es bien conocidi aquí, todos o casi todos proceden de la parroquia de Santa Cruz de Lamas y en concreto de los lugares de Grixó o el Souto. En la época a la que tu te refieres solo tenía relación co Santa Lucía , la familia de Manuel Batallan Naveiro ( aquí se usa el segundo apellido, muy necesario para distinguir a familiares cercanos), este Manuel Batallan emigró a Bs.As. unos años a principio de siglo y luego se estableció en Santa Lucía con un negocio de telas y confección. Muy cerca de Santa Lucía, en Grixó y el Souto, vivieron otros Batallanes….
Si puedes confirmame los datos reales de tu abuela, su segundo apellido y otros datos que puedan aportar luz sobre esta búsqueda. Un saludo. J.Casal