Buscar...

Servizos Sociais

Concellería de Igualdade e Benestar Social

Os Servizos Sociais de Atención Primaria son un sistema público de protección social dirixido ó conxunto da poboación de Moraña e teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de todos os cidadáns.

Configuran un nivel básico de actuación, que traballa de maneira directa e integral sobre un espazo poboacional e territorial reducido (Moraña) constituíndo a “porta de entrada” ó Sistema.

Están formados por unha unidade de traballo social (UTS) atendida por unha traballadora social, cun horario de atención ó público os luns, martes e xoves de 9.00 a 13.00 horas. Os mércores e venres dedícaos a xestións e visitas domiciliarias.

Entre os programas básicos de actuación dos Servizos Sociais de Atención Primaria destacan a información, orientación, asesoramento e tramitación, a axuda no fogar e apoio á unidade de convivencia, a prevención e inserción social, así como o aloxamento alternativo.

Programas Municipais

• Información, orientación e asesoramento.
Ten por obxecto informar os cidadáns (individuos, grupos, organizacións e a comunidade en xeral) sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar as persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, ós Servizos Sociais de Atención Especializada.

• Servizo de Axuda no Fogar.
• Prevención e Inserción Social.
• Prevención e Inserción Social.
• Programa de Apoio á Unidade de Convivencia.
• Programa de Prevención de condutas adictivas no eido local (Convenio de colaboración do Concello de Moraña cos concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro e Portas).
• Concurso de Tarxetas de Nadal.
• Festa de 3ª Idade.
• Prestación económica individual de carácter non periódico para familias residentes no Municipio con fillos minusválidos menores de 18 anos
.

Recursos por Áreas de Actuación

Familia, Infancia e Mocidade

Axudas periódicas de prevención e apoio ás familias para a integración do menor.
Título de familia numerosa.
Carné familar.
Estadías nas residencias de tempo libre.
Prestación económica de pagamento único por fillo menor a cargo.
Axuda de leite gratuíto por parto múltile e familia numerosa.
Cheque infantil: axudas para a atención da 1ª infancia (0 a 3 anos) en centros non sostidos con fondos públicos.
Programa Vacacións en Paz (Solidariedade Galega co pobo Saharaui)
Acollementos familiares. Adopcións.
Internamento en centros de menores en situación de risco.
Semanas Brancas (Deputación/Concello)
Campamentos de verán.
Programa Diúrno de Balnearios (Deputación/Concello)

Terceira Idade

Pensión non contributiva por xubilación.
Complemento para titulares de pensión non contributiva que residan nunca vivenda alugada.
Axudas individuais non periódicas para persoas maiores.
Termalismo (IMSERSO)
Turismo Social – praia, termal, cultural e intercambio (XUNTA)
Teleasistencia domiciliaria.
Cheque asistencial.
Acollemento familiar.
Ingreso en residencias.
Ingreso en centros de día, centros de noite.
Estadías temporais.
Programa de Respiro Familiar.
Xuntos polo Nadal.
Programa de vacacións para maiores (IMSERSO).
Programa de novas tecnoloxías Acompáñote
Abono social (TELEFÓNICA)
Solicitude de valoración do grao e nivel de dependencia.

Muller

Punto de Información á Muller (PIM)
– Asesoramento xurídico
– Asesoramento psicolóxico
Casa de acollida e piso tutelado de Vigo para mulleres maltratadas (Convenio Deputación/Concello)
Programa de teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero.
Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero.
Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
Quendas vacacionais para mulleres soas con responsabilidades non compartidas (SGI)
Renda Activa de Inserción (RAI)
Programa de actividades (25 de novembro, 8 de marzo, outras)

Alcolismo e Drogodependencias

Axudas individuais para tratamento de drogodependencias en comunidades terapéuticas.
Programa de Apoio á Unidade de Convivencia.

Marxinación Social

Renda de Integración Social de Galicia (R.I.S.G.A.).
Axudas para situacións de emerxencia social.
Axudas de emerxencia social.
Axudas de arranxo de vivenda con destino a familias con problemática socioeconómica.
Asistencia sanitaria a persoas sen recursos económicos suficientes.

Migracións

Axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados.
Axudas asistencias extraordinarias para emigrantes retornados.
Pensión asistencial por ancianidade para emigrantes retornados.

Discapacidade

Pensión non contributiva por invalidez.
Complemento para titulares de pensión non contributiva que residan nunca vivenda alugada.
Recoñecemento do grao de minusvalidez.
Axudas individuais para persoas con discapacidade.
Teleasistencia domiciliaria.
Programa de acollemento familiar para persoas con minusvalía.
Programa de Respiro Familiar.
Ingreso en centros de minusválidos.
Programa de Ocio e Tempo Libre (Campamentos de Verán)
Tarxeta de estacionamento para minusválidos.
Abono social (TELEFÓNICA)
Termalismo Social (IMSERSO)
Renda Activa de Inserción (RAI)
Solicitude da valoración do grao e nivel de dependencia

Enlaces de Interese

Accesibilidade