Buscar...

Festas Ancestrais

A Rapa das Bestas
Traballo gandeiro convertido en festa dende tempos remotos, celébrase no monte do Acibal (Amil) preto do Marco da Estada, onde se unen os concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro e Moraña, na fin de semana seguinte á rapa de Sabucedo. Caracterizada pola súa espectacularidade esta festa ten raíces moi antigas. Un grupo de mozos do lugar, con gran pericia e valentía, soben ao monte Acibal e campan libres e salvaxes un bo número de cabalos. A riqueza paisaxística do lugar e a espectacularidade do agrupamento do gando aprovéitase para atraer un gran número de visitantes. Á parte das magníficas vistas panorámicas dende o cume do Acibal, todo o seu contorno evócanos unha serie de cultos ancestrais e pagáns practicados polos antepasados. O primeiro paso é ir agrupando e dirixindo os cabalos a unha zona denominada O Pastizal, extenso prado chan e cercado de aproximadamente 19 hectáreas, onde un gran número de público se agrupa para, unha vez reunidas todas as reses, ver como os apeitadores montan, arrocan e marcan as bestas e cabalos, córtanselles as crinas ás bestas e márcanse os poldros para logo volver a soltalos ao seu medio salvaxe ata o próximo ano.

Accesibilidade