• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

Moraña presenta o logo conmemorativo do 50º aniversario da Festa do Carneiro ao Espeto e comeza coa labor de promoción


O certame iniciará a súa difusión esta mesma semana en Festur, no marco da Semana Verde, con material informativo e degustacións

Nos vindeiros días fallarase o concurso para a elección do cartel deste ano, revelarase a programación e abrirase a reserva dos lotes

O Concello de Moraña xa ten en marcha todo o operativo de organización da 50ª Festa do Carneiro ao Espeto e vén de comezar coa labor de promoción desta edición coa presentación dun logo conmemorativo das súas vodas de ouro. Este deseño especial, que acompañará toda a imaxe corporativa deste ano, foi dado a coñecer esta mañá pola alcaldesa, Luisa Piñeiro, que explicou que se trata dunha icona “coa que pretendemos poñer en valor a lonxevidade desta nosa gran festa”.

Ademais, o plan de difusión deste certame gastronómico, declarado de interese turístico e un dos máis importantes de Galicia no eido culinario, proseguirá esta mesma semana coa súa presenza, a través dun stand, en Festur, que se desenvolverá no marco da Semana Verde de Galicia. “Estaremos presentes de xoves a domingo dando a coñecer o Carneiro ao Espeto e ofreceremos unha degustación gratuíta o derradeiro día en dobre quenda de mañá e tarde”, explicou a rexedora. O posto estará atendido por persoal municipal, verase reforzado coa presenza da alcaldesa e de membros do goberno e contará coa participación do mestre asador Suso O Muiñeiro para preparar os petiscos de carneiro.

A continuación, e tamén nos vindeiros días, está previsto que se falle o concurso para a elección do cartel deste ano, que conta coas categorías de adultos e infantil, e que se dea a coñecer toda a programación desta edición especial, que arrancará algunhas semanas antes cos tradicionais concursos de tapas e actividades deportivas, entre outras. Tamén está previsto que, a mediados deste mes, se abra o prazo de reserva de lotes para o xantar popular, fixado para o día grande da festa, que nesta ocasión será o domingo 28 de xullo.

Finalmente, tamén se comezará a traballar, co gallo da edición deste ano, na elaboración do expediente de Festa de Interese Turístico Nacional, “unha categoría que creo que a nosa cita ten ben merecida por prestixio e recoñecemento, pero cuxa consecución será a medio prazo pola abondosa documentación

Deixa unha resposta

O Tempo en Moraña

Enlaces Destacados

Recollida Selectiva e Reciclaxe Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural Telefonos de Interese Plan Urbanístico Novo Plan Xeral Perfil do Contratante Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención de Drogodependencias Oficina Virtual do Oral Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar Plan Concellos DEPO 2017 Plan Concellos DEPO 2019