Buscar...

15 de Novembro: Día sen Alcol

Compartir

Hoxe, 15 de Novembro, conmemórase o Día Mundial sen alcol. Esta data foi instaurada por varias organización españolas de promoción da saúde co obxectivo de concienciar á poboación sobre os graves efectos que conleva o consumo abusivo de alcol na idade adulta e calquer consumo en menores de idade. Como medida de apoio das campaña de sensibilización polo Día Mundial sen alcol 2023, dende o Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, promóvese, un ano máis, a campaña ALCOL “MENOS É MÁIS”; a través da cal, preténdese sensibilizar á poboación xeral, e particularmente á xuventude, sobre as serias repercusións do alcol na saúde física, mental e social das persoas.
#ALCOLMENOSÉMÁIS

DESCARGAR O MANIFESTO

Accesibilidade