Buscar...

15N DÍA MUNDIAL SEN ALCOL

Compartir

Hoxe, 15 de Novembro, o Concello de Moraña súmase, un ano máis, á conmemoración do Día mundial sen alcol coa campaña ALCOL, CANTO É MOITO?, campaña preventiva iniciada o pasado 15N de 2024. Con ela preténdese favorecer a reflexión da poboación de Moraña sobre os niveis de consumo de alcol, e sobre as serias repercusións que dito consumo ten na saúde física, mental e social das persoas.

Por iso, convídase á poboación a realizar o seguinte CUESTIONARIO para valorar o tipo de consumo de alcol que realizan, e os riscos asociados ao mesmo. Animando a aquelas persoas con consumos de alcol de risco ou nocivo a solicitar asesoramento, orientación ou axuda clínica que lles permita reducir e/ou eliminar o consumo de alcol (clica no seguinte texto).

#ALCOL CANTO É MOITO?

Accesibilidade