Buscar...

Bolsa de Emprego 2012

Compartir

Dona MARIA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA·PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que o Concello de Moraña, ante a actual situación de crise económica, que afecta moi negativamente ao mercado laboral, e de cara a facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego do Concello de Maraña, crea unha BOLSA DE EMPREGO.
¿Onde anotarse? No Concello de Moraña, na oficina municipal de emprego e desenvolvemento local de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas.

  • O Concello de Moraña non realizará ningún proceso de selección para as empresas demandantes do servizo, limitándose a informar os usuarios da bolsa de emprego das ofertas de emprego existentes, para que estes, se o desexan, se poñan en contacto coa empresa de cara a participar no correspondente proceso de selección para o posta de traballo ofertado.
  • Esta bolsa de emprego non é para as contratacións laborais que realice o Concello de Moraña senón que se refire unlcamente as ofertas de emprego do sector privado.
    Para formar parte desta bolsa de emprego local é necesario estar empadroado no Concello de Moraña .

– OFERTAS DE EMPREGO: A empresa que desexe difundir unha oferta de emprego, entre os usuarios desta bolsa de emprego, deberá acudir ó mesma oficina municipal.
O Concello de Moraña ofrece outros SERVIZOS DE INFORMACIÓN – ORIENTACiÓN E ASESORAMENTO para DESEMPREGADOS:
Boletíns e listados de ofertas de emprego, público e privado, actualizados diariamente (que abranguen dende o ámbito provincial ao internacional).
Punto de información do Servizo Público de Emprego de Galicia: renovación da demanda de emprego; consulta das ofertas de emprego activas e da oferta formativa do Servizo Público de Emprego de Galicia.
Realización de currículos e cartas de presentación segundo necesidades do usuario desempregado.
Información, asesoramento e acompañamento profesional na tramitación de axudas para a creación de empresas (autoemprego, iniciativas de economía social, etc…)
Moraña, 28 de maio de 2012.
Pódese descargar este bando en pdf aquí: Bolsa de emprego 2012

2 Comentarios

  1. vanessa 10 Xuño, 2012

    Hola, para apuntarse a esta bolsa de emprego solo con ir o ayuntamiento e apuntarse xa vale ou levase tamen un curriculum??? Gracias

    1. Concello 11 Xuño, 2012

      Para apuntarse na bolsa de emprego vale con vir ao concello e apuntarse nela. O que sucede é que moitas persoas desempregadas soen ter o currículum
      da oficina de emprego (pero a bolsa non é só para desempregados) o que facilita introducir determinados datos na bolsa (formación, experiencia
      laboral a destacar, etc). Pero non fai falla traelo, incluso se lle fai no Concello aos que o solicitan.

Accesibilidade