Buscar...

Remate da obra de acondicionamento dos vestiarios do pavillón do CPI Santa Lucía de Moraña

Compartir

Os 8 alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego Xovenes pertencente ós concellos de Moraña, Portas e Valga: 8 alumnos da especialidade de albanelería remataron o acondicionamento dos vestiarios do pavillón do colexio .

Durante o desensevolvemento da obra realizaron obras de renovación dos acabados interiores que na actualidade se atopaban en condicións deficientes con falsos teitos caídos, pezas de pavimentos e alicatados rotas. Realizaron demolición de tabiques da zonas da duchas.demolición de azulexos, pavimentos e falsos teitos. Levaron a cabo rozas e adaptación para instalación eléctrica e de fontanería.

Na zona da duchas executaron novos tabiques.

Alicataron e solaron de novo o corredor, duchas , vestiarios e aseos e instalaron falso teito.

O alcalde Sito Gómez, os concelleiros Alberto Caldas e Andrea Dominguez visitaron xunto coa directora do obradoiro Mari Carmen Vidal as obras podendo ver o bo facer do alumnado que deixou totalmente renovadas as instalacións que quedan para uso e desfrute do alumnado do CPI.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña Portas Valga está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus nomarco do programa FSE + Galicia 2021-2027

Accesibilidade