Buscar...

REMATE DA FORMACIÓN EN INSERCIÓN LABORAL E TÉCNICAS DE BÚSQUEDA DE EMPREGO

Compartir

Os 16 alumnos/as do Obradoiro de Emprego Xovenes pertencente ós concellos de Moraña,
Portas e Valga: 8 alumnos da especialidade de albanelería e 8 de forestais remataron a formación complementaria en inserción laboral e técnícas de búsqueda de emprego que tivo unha duración de 15 horas. Foi impartida por unha técnica do PIE de Cuntis, Campolameiro, Portas e Moraña.

Orientación laboral, pola, que as alumnas e alumnos adquiren habilidades de inserción laboral, información sobre os canais de búsqueda publicidade, internet, bolsas de emprego; como afrontar unha entrevista de traballo, as probas de selección.

O obxectivo desta formación é coñecer e empregar as técnicas dispoñilbles para a búsqueda de emprego, as competencias profesionais e persoais que facilitan o acceso de xeito que se consiga a inserción laboral.

O obxectivo do obradoiro é que o alumnado se forme nos oficios para mellorar así a súa empregabilidade, ven por conta allea ou por conta propia.

Nesta última xornada da formación que tivo lugar na aula cemit en Valga contamos coa colaboración da técnica da aula Vanesa Losada, elaboraron os cv os alumnos de cara a facilitar a inserción laboral do alumnado.

Esta formación é complementaría á que os alumnos e alumnas están recibindo durante un ano nas especializades de forestais e albanelería.

O Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña Portas Valga está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027

Accesibilidade