
Un ano máis, inicianse en Moraña os Obradoiros de prevención das condutas adictivas do ámbito escolar. Estos Obradoiros realizaranse dentro do Proxecto de prevención das condutas adictivas no que participa o Concello de Moraña dende o ano 2007 con outros concellos da contorna, Cuntis, Barro e Portas, a través dun Convenio de colaboración entre os mesmos e contando co cofinanciamento da Consellería de Sanidade (Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de prevención das condutas adictivas).
Ao longo deste curso escolar 2025-2026 realizaranse no C.P.I Plurilingüe Sta. Lucía de Moraña actividades e obradoiros de prevención das condutas adictivas destinados ao alumnado de 6º Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Con eles, e seguindo a evidencia científica, traballaranse importantes factores de protección que reducen os riscos psicosociais na xuventude (hábitos saudables, habilidades sociais, habilidades de rexeitamento, autoestima, intelixencia emocional, etc.), ademais do traballo dos mitos e riscos asociados ao uso das novas tecnoloxías e ao consumo de tabaco, alcol e outras drogas.
Estas actividades reforzaranse ao longo do 2026 con obradoiros destinados ás familias e con campañas de información e sensibilización sobre condutas adictivas destinadas a poboación xeral. Fortalecendo deste xeito a aposta que dende o Concello de MORAÑA se realiza pola Promoción de hábitos saudables e a prevención das condutas adictivas entre a súa veciñanza, e en especial entre a xuventude.
Para finalizar esta entrada, incluímos os datos de contacto do Departamento de prevención das condutas adictivas de Moraña, ao que pode recurrir de forma gratuíta e confidencial calquer familia ou persoa que necesite asesoramento, orientación e/ou tratamento relacionado coas condutas adictivas.
Contacto Servizo de prevención das condutas adictivas:
Dirección: Centro Ocupacional “A Ran”, Cuntis.
Teléfono: 986 59 59 22 (Horario de 9:00 a 14:30h)
E-mail: prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es
Síguenos nas Redes Sociais