Os 8 alumnos/as do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña Portas Valga I pertencente ós concellos de Moraña, Portas e Valga da especialidade de albanelería realizan actuacións prácticas acondicionando os vestiarios do pavillón deportivo do CPI Santa Lucía. O obradoiro esta realizando unha mellor integral do conxunto dos vestiarios, así levaron a cabo tarefas de demolición de tabiques, pavimentos e azulexos existentes e desmontada e retirada de falsos teitos.
Realizaron novos tabiques na zona das duchas, alicataron os vestiarios, corredor, duchas e aseos e tamén están solando todo con plaqueta porcelánica. Os alumnos e alumnas traballan xa de forma autónoma na realización dos traballos. Hai que ter en conta que o obradoiro comezou en outubro de 2024 e o alumnado leva dende o inicio formándose na especialidade de albanelería, recibiran o final do proxecto os certificados de profesionalidade que cursaron durante un total de 1920 horas.
O alcalde Sito Gómez visitou xunto coa directora do obradoiro Mª Carmen Vidal a obra, destacando o avance nas actuacións e o bo facer do alumnado do obradoiro.
O obxectivo do obradoiro é que o alumnado se forme nos oficios para mellorar así a súa empregabilidade, ven por conta allea ou por conta propia.
O Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña Portas Valga está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus nomarco do programa FSE + Galicia 2021-2027
Síguenos nas Redes Sociais