Buscar...

Axudas Comercio Retallista

Compartir

Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA
FAI SABER:

Que a Consellería de Economía e Industria (Xunta de Galicia) convocou axudas para promover a sociedade da información no sector do comercio retallista galego, para o ano 2012.
BENEFICIARIOS:
Sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na orde, poderán solicitar e beneficiarse destas subvencións os/as comerciantes que realicen a súa actividade única e exclusivamente como comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas. Deberán estar dados de alta nalgunha epígrafe do IAE das recollidas no anexo IV da orde (e non estar dado de alta noutros epígrafes distintas ás recollidas no citado anexo), non superar os dez traballadores. Que, de ser o caso, os seus locais comerciais non superen os 150 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público (non aplicable nas epígrafes IAE 653.1 e 663).
MODALIDADES DE SUBVENCIÓN:

  • Modalidade A: Adquisición dun ordenador portátil ou de escritorio.
  • Modalidade B: Paquete de software de xestión (módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico), con complemento de soporte técnico, implantación in situ e a formación.
  • Modalidade C: Páxina web Comercial
  • Modalidade D: Periféricos e outros compoñentes (lector código de barras, caixón portaoedas, impresora de tickets)
  • Modalidade E: Paquete TPV Integrado (é excluinte coas modalidades A, B, C e D)

CONTÍA DA AXUDA: O 70% do importe do investimento subvencionable, co límite máximo e nas condicións establecidas para cada modalidade de subvención. Non se subvencionará o IVE e non se pode superar polo conxunto de subvencións o límite máximo de investimento subvencionable de 2.142,8 € (IVE exciuído), equivalente a un máximo de subvención de 1.500 euros por beneficiario/a.
PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 26 de Xullo ao 10 de novembro do 2012 (ou ata que se esgote o crédito orzamentario si se produce o esgotamento en data anterior).
Información e Asesoramento: Concello de Moraña – Tel. 986 553 005
Moraña, 18 de Xullo de 2012
Pódese descargar este bando en formato pdf aquí: Axudas Comercio Retallista

Accesibilidade