BANDO
DONA M* LUISA PINEIRO ARCOS, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA. INFORMA:
Que a Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra sacou as bases para a programación dos Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe para o ano 2017. As persoas destinatarias deste programa serán rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual no concello no que se solicita praza e nacidos entre os anos 2003 e 2010, ambos os dous incluídos.
AS datas das quendas dos campamentos serán:
O campamento incorpora actividades lúdicas, como saídas ao medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas ou obradoiros.
O prezo por neno -a será de 125€ por neno- nena.
-Membros de familia numerosa ata 3 fillos- as, coa correspondente acreditación, terán un desconto do 20%.
-Membros de familia numerosa de máis de 3 fillos- as, coa correspondente acreditación, terán un desconto do 30%.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación será ata o día 21 de abril de 2017, no Rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra.
Para máis información poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario do Concello, en orario de 9:00 a 13:00 h.
Síguenos nas Redes Sociais