Buscar...

Documentación para a Solicitude de Subvencións

Compartir

BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNSA ASOCIACIONS E ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO PARA O ANO 2017
1) OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento de concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que no eido da cultura, educación e o deporte promovan persoas Xurídicas, asociacións e entidades sen ánimo de lucro, consideradas de interese social para o Concello de Moraña.
2) BENEFICIARIOS
Poderán solicitar as subvencións reguladas na presente convocatoria as persoas Xurídicas, asociacións ou entidades que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter o seu domicilio Social no Concello de Moraña.
  • Desenvolver a súa actividade dentro do ámbito municipal.
  • Estar validamente constituída e rexistrada no Rexistro Municipal de Asociacións.
  • Carecer de fins de lucro.
  • Non ter pendente de Xustificación ningunha subvención ou axuda económica co Concello de Moraña.

3) PROGRAMAS SUBVENCIONABLES
Poderanse solicitar subvencións para as seguintes actividades:
a) Actividades de promoción e cooperación cultural, formativas ou similares.
b) Actividades de promoción do deporte ou realización de eventos deportivos.
4) CONTÍA E LÍMITE DAS SUBVENCIÓNS
O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo da actividade que vaia desenvolver o beneficiario.
Quedan excluídos como subvencionables os gastos en comidas, pinchos e invitacións a participantes así como as excursións lúdico-recreativas.
As subvencións, que serán financiadas con cargo á aplicación presupostaria 334.480, terán un límite máximo de 14.000,00 euros.
As subvencións son compatibles con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
5) SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
Para cada actividade presentarase a seguinte documentación:

  • Instancia individualizada para cada actividade, asinada polo representante legal.
  • Certificado da conta bancaria.
  • Certificado da tesourería municipal conforme se atopa ao corrente das súas obrigas tributarias coa facenda do Concello de Moraña.
  • Declaración do representante legal da entidade solicitante na que consten as subvencións e ou aXudas obtidas ou solicitadas para a mesma finalidade e de que están ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social.
  • Memoria explicativa das accións que se pretenden realizar, con especificación da data, lugar de celebración, obxectivos perseguidos e estimación de beneficiarios.
  • Orzamento de gastos e ingresos da actividade que se solicita, detallando cada un dos gastos en unidades e prezos (coas facturas proformas que correspondan).
  • Memoria das actividades realizadas pola Asociación no ano 2016.

6) PRAZO DE PRESENTACIÓN
A instancia Xunto coa restante documentación presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Moraña, no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia.
No suposto de que as solicitudes presentadas non reúnan os requisitos sinalados, requirirase aos interesados para que no prazo de dez días emenden
as anomalías advertidas, procedéndose, en caso contrario, ao arquivo da solicitude.
7) CRITERIOS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
Baremo:
Os criterios de valoración serán os seguintes:
a) Interese Xeral da actividade no ámbito municipal, cunha puntuación máxima de 3 puntos.
b) Número de beneficiarios, cunha valoración máxima de 5 puntos, coa seguinte escala:
1.- De 0 a 25 beneficiarios……………… 1 punto
2.- De 26 a 50 beneficiarios……………. 2 puntos
3.- De 51 a 75 beneficiarios……………. 3 puntos
4.- De 76 a 100 beneficiarios……………. 4 puntos
4.- De máis de 100 beneficiarios……….. 5 puntos
c) Actividades realizadas no exercicio 2016, cunha valoración máxima de 2 puntos, coa seguinte escala:
1.- De 1 ata 5 actividades……………… 1 punto
2.- De máis de 5 actividades…………. 2 puntos
d) Volume de subvencións concedidas á actividade para a mesma finalidade, cunha valoración de 1 punto, para aquelas que conten con algunha subvención.
8) – ESTUDO E CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS
A tramitación do expediente de concesión de subvencións será o seguinte:
1- Informe da Comisión Informativa de Cultura, Educación e Turismo.
2- Resolución do Pleno.
9)- ACEPTACIÓN DA SUBVENCIÓN E COMPROMISOS
Os beneficiarios das subvencións, unha vez que reciban o acordo de concesión, disporán dun prazo de 15 días para aceptar expresamente a Subvención e comprometerse a destinala á actividade subvencionada.
No suposto de que algunha entidade acepte a subvención e logo non realice a actividade, sen causa Xustificada, perderá o dereito a solicitar unha subvención no exercicio seguinte.
10) REFORMULACIÓN
Os beneficiarios dunha subvención, por razóns xustificadas, poderán solicitar a reformulación da solicitude presentada cando o importe da subvención sexa inferior ao solicitado. O presuposto da reformulación nunca poderá ser inferior ao 50% do presuposto inicial presentado.
11) PATROCINIO
As entidades beneficiarias das subvencións da presente convocatoria quedan comprometidas a establecer de forma clara nos exemplares dos programas, carteis anunciadores, etc., mención expresa do patrocinio do Concello de Moraña, para o cal deberán presentar a documentación que Xustifique o dito patrocinio.
No suposto de que non Xustifiquen debidamente a publicidade do patrocinio, perderán o dereito a cobrar a subvención concedida.
A entidade beneficiaria notificará ao Concello de Moraña, ao menos cun mes de antelación, as datas, o horario e a duración da actividade que se vai realizar, sempre que sexa posible.
12.- XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN E COBRO
Os beneficiarios das subvencións deberán Xustificar a realización das actividades antes do día 30-11-2017, excepto aquelas que se desenvolvan no mes de decembro, que disporán de prazo ata o día 26-12-2017.
A documentación Xustificativa será a seguinte:
– Memoria explicativa da actividade realizada.
– Declaración xurada do beneficiario que acredite que as facturas que se presentan como Xustificantes foron aplicadas á actividade subvencionada.
– Facturas orixinais ou fotocopia compulsada.
– Declaración do representante legal das subvencións recibidas para a actividade.
-Certificacións de estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa seguridade social ou autorización expresa ao concello para solicitar as certificacións que deban emitir a AEAT, a Seguridade Social e a Xunta de Galicia.
O pagamento das subvencións farase unha vez sexan informadas pola Intervención e aprobadas polo Pleno.
13) REINTEGRO
No caso de incumprimento da finalidade da subvención ou falsidade dos datos presentados no expediente, o beneficiario procederá ao reintegro das
cantidades recibidas xunto cos seus correspondentes intereses.
Moraña, 13 de marzo de 2017
A ALCALDESA
María Luisa Piñeiro Arcos
DOCUMENTACIÓN:

 
 

Seguinte

Accesibilidade