Buscar...

Escola de Idiomas

Compartir

Estimadas/os nais/ pais:
O Concello de Moraña vai continuar durante o curso 2013-2014 (outubro-maio) coa ESCOLA DE IDIOMAS para impartir inglés, francés e alemán, de cara a potenciar a formación en idiomas entre a poboación local, xa que o nivel de coñecemento doutros idiomas no noso país non alcanza os estándares que se dan noutros lugares de Europa.
Esta escola de idiomas vai dirixida tanto a nenos/as como a adultos.
O WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS, responsable da impartición, conta cunha grande experiencia e oferta unha interesante relación calidade–prezo.
O WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS é examinador oficial de Trinity College London, preparando ós alumnos para a obtención dos certificados PET, FIRST, ADVANCED e PROFICIENCY de Cambridge University. Estes exames avalían o nivel das habilidades tanto orais coma escritas do alumnado e están recoñecidos en todo o mundo, polo que os nenos poden presentarse a estes exames a partir dos 7 anos no caso de Trinity College e máis adiante no caso de Cambridge University. Así mesmo, ao remate do curso escolar o Centro expedirá un diploma.
En canto ao horario, os grupos terán horarios de tarde/noite de acordo coa demanda.
Para máis información ou inscricións podedes dirixirvos á Biblioteca Municipal en horario de 10:00 a 13:00h. e de 16:00 a 21:00h.

1 Comentario

  1. Arquímedes 18 Setembro, 2013

    La idea me parece bien, pero estaría bien echar mano de los maestros y profesores del Ayuntamiento, siempre a partir de un CV y una entrevista en la que demuestren de verdad sus competencias, pero ayudando así a la comunidad de docente del ayuntamiento a integrarse en la vida laboral. Vecinos que trabajan con vecinos, a sabiendas además de que en los pueblos ciertas profesiones siempre son más difíciles de desenvolver. Un saludo

Accesibilidade