Buscar...

LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2012-2013.

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DA ESCOLA INFANTIl DE MORAÑA PARA O CURSO 2012-2013.
O Consello Escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión de 11.12.2012 efectuou a pro posta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2012-2013.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita Iistaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de Réxime Interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia, xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
1. Facer pública a Iistaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2012-2013, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
2. Establecer a apertura do prazo de reclamacións de 10 días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta Iistaxe no taboleiro de anuncios da escola infantil de Moraña, na páxina web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e no portal escolasinfantis. net.
As reclamacións poderanse presentar ata o día 30 de decembro na escola infantil de Moraña en horario de mañá de 10.30 a 11.30 horas e de tarde de 15.30 a 16.30 horas.
3. O Consello Escolar examinará as reclamacións presentadas, e fará a proposta de resolución á Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Rematado este trámite, publicarase a Iistaxe definitiva de persoas usuarias admitidas, de agarda e excluídas, por rigoroso orde de puntuación.
Santiago de Compostela, a 20 de decembro de 2012
Roberto Rodríguez Martínez Xerente
Pódese consultar o listado en formato PDF no seguinte vínculo: Listaxe_provisional_Moranha

Seguinte

Accesibilidade