RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2014- 2015.
O Consello Escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión de 15.12.2014 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2014-2015.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita listaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de
Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
- Facer pública a listaxe provisional de persoas de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2014-2015, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
- Establecer a apertura do prazo de reclamacións de 10 días naturais a partir do seguinte ao da publicación destas listaxes no taboleiro de anuncios da Escola Infantil de Moraña, nas páxinas www.igualdadebenestar.org e www.escolasinfantisdegalicia.es e no taboleiro de anuncios do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, de conformidade co previsto no artigo 18 anteriormente citado. As reclamacións poderanse presentar desde o día 20 de decembro ao 29 de decembro, inclusive na Escola Infantil en horario de 10:00 horas a 12:00 horas e de 15:00 horas a 16:00 horas.
- O Consello Escolar examinará as reclamacións presentadas, e fará a proposta de resolución á Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Rematado este trámite, publicarase a listaxe definitiva de persoas usuarias admitidas e a listaxe de agarda confeccionadas por rigoroso orde de puntuación.
Santiago de Compostela, a 19 de decembro de 2014
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Pódese descargar a listaxe no seguinte vínculo: Lista_provisional_Moranha – DEC 14
Síguenos nas Redes Sociais