Os alumnos de albanelería do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña Portas Valga I visitan a Fundación Laboral da Contrucción.
O alumando de albanelería do obradoiro de Xóvenes Moraña Portas Valga I, acompañados pola directora e participaron no día de hoxe nunha visita formativa á Fundación Laboral da Construcion de Galicia en Santiago.
Ali fomos fomos recepcionados por orientadora laboral e técnico de emprego e da fundación. Primeiro guiárannos polas instalacións da fundación unha antiga curtiduría de Pontepedriña de Arriba, nas marxes do Sarela, que foi rehabilitada completamente. Fóronnos explicando a rehabilitación na cal conservaron a tipoloxía construtiva da zona adaptando as instalacións que eles empregan.
Asemade estivemos nun taller no cal a formación en albanelería cando teñen alumnos que teñen un contrato de formación e aprendizaxe e un día a semana reciben formación nas dependencias de Fundación Laboral.
O finalizar a visita tivemos unha xornada de orientación cos técnicos, na cal explicaron as actividades formativas que esta entidade leva a cabo dende a súa fundación , amosaba ás técnicas máis vangardistas que se empregan neste sector. Tamén informaron sobre a bolsa de emprego que xestionan e na que se tramitan moitas ofertas relacionadas coa construción.
Dende a dirección do obradoiro conxuntamente cos concellos de Moraña e Valga estase a traballar na futura inserción laboral do alumnado, realizando así contactos con diversas empresas.
O obradoiro de emprego iniciou o 14 de novembro de 2024 ten unha duración de 12 meses.O Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña Portas Valga está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027.
Síguenos nas Redes Sociais