Buscar...

O ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO “XÓVENES” ASISTE NA AULA CeMIT A UN MÓDULO DE INFORMÁTICA

Compartir

O alumnado do Obradoiro de Emprego Xóvenes dos concellos de Valga e Moraña está recibiron esta semana formación complementaria en alfabetización informática, un módulo cunha duración de dez horas e que se imparte na Aula CeMIT do Auditorio Municipal.

O obxectivo desta formación é que os alumnos conten con coñecementos básicos sobre os conceptos informáticos e se familiaricen cos ordenadores, en concreto que adquiran destrezas básicas en relación ao sistema operativo, que coñezan de xeito práctico as principais aplicacións en ofimática, se inicien en Internet e sexan capaces de traballar de forma autónoma.

A formación impartiuse por separado aos alumnos das dúas especialidades do Obradoiro: oito de albanelería e outros oito de forestais. Ademais, establecéronse diferentes grupos segundo o nivel dos alumnos. Deste xeito, aqueles que carecían de formación anterior en informática recibiron clases de alfabetización básica, mentras que os compañeiros que xa posuían un nivel mínimo realizaron operacións máis avanzadas.

A técnica municipal responsable da Aula CeMIT, Vanessa Losada foi a encargada de impartir o módulo.

O Obradoiro de Emprego “Xóvenes”, promovido polos Concellos de Valga e Moraña e financiado pola Consellería de Emprego, deu comezo o pasado 16 de novembro e nel participan 16 mozos de entre 18 e 30 anos. Terá unha duración de doce meses e consta de dúas especialidades formativas: forestal e albanelería. Os aprendices recibirán formación teórica e ademais realizarán prácticas consistentes en obras de interese público.

Accesibilidade