DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que está aberta a inscrición para o Obradoiro de Autoestima para mulleres a través dos “Relatos Vitais lO. Este obradoiro para as mulleres ten un carácter preventivo fronte os problemas emocionais e do estado de ánimo que na actualidade son unha das causas de enfermidade na poboación feminina. A actividade forma parte do programa de prevención é saúde que estamos a impulsar dende o Concello para mellorar a calidade de vida física e psíquica das mulleres e garantir unha vida saudable.
As mulleres maiores de 18 anos interesadas, poden solicitar a súa praza nos servizos sociais de forma persoal no Concello, na Rúa 1, n02, ou telefonicamente no 986.553.005. O prazo de admisión remata o día 31 de outubro de 2014
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pódese descargar este bando en formato PDF aquí: Relatos Vitais
Síguenos nas Redes Sociais