Buscar...

Obradoiro de Xestión emocional dende a familia

Compartir

O próximo luns 4 de decembro realizarase, no CPI Plurilingüe Sta. Lucía de Moraña, un Obradoiro de Xestión emocional dende a familia. Co que as familias poderán adquirir ferramentas e coñecementos para mellorar as  capacidade de regulación emocional dos seus fillos e fillas. Logrando así, un mellor benestar físico e emocional das crianzas.
A sesión será impartida por Belén Montesa Lou e Juan Carlos Permuy psicólogos xerais sanitarios especializados en Prevención das condutas adictivas e Terapia Familiar Sistémica.
Co fin de facilitar a conciliación, a rapazada escolarizada no centro poderá permanecer nas instalacións do colexio co acompañamento de persoal do servizo de conciliación, mentres as súas familias participan na actividade.
AGARDÁMOSVOS! A vosa presenza é moi importante.
Onde? Salón de Actos do colexio
Cando? 4 de decembro ás 18:30h
Organiza: CPI Plurilingüe Sta. Lucía de Moraña e o Proxecto de prevención das condutas adictivas no eido local do Concello de Moraña.

Accesibilidade