Os 16 alumnos/as do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña – Valga cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027 que iniciou o pasado dous
de outubro e no que participan 16 mozos e mozas pertencente ós concellos de Moraña e Valga, e que conta con 8 alumnos da especialidade de albanelería e 8 de forestais Rematan a formación
en Sensibilización ambiental Trátase esta formación de complementaria aos oficios que están aprendendo durante o obradoiro. Ë una formación de 9 horas de duración que é impartida
polo experto docente da especialidade de forestal José Manuel Picallo. O obxectivo desta formación é introducir os alumnos e alumnas no coñecemento dos principais problemas ambientais,
tanto a nivel xeral como no ámbito laboral e a súa aplicación nas especialidades de albanelería e forestais a través do desenrolo de boas prácticas ambientais.
Concenciar ao alumando da importancia da acción individual para minimizar os impactos negativos do medio ambiente e coñecer as prácticas habituais e os hábitos cotidians no denserolo da
actividade profesional que axudan a reducir os impactos sobre o medio ambiente. Neste eido a mestra composteira do concello de Valga, Silvia Torres, explicou como se reciclan os residuos
orgánicos. Realizouse unha visita o composteiro e resaltou a importancia neste proceso do traballo que realiza a especialdiade de forestais facendo triturado de todos os restos de podas, que
logo é utilizado no proceso de compostaxe nestes composteiro comunitarios.
Fíxose fincapé na contaminación, os vertidos, a compostaxe e o desenvolvemento sostible, os residuos, a desforestación e a desertización.
No transcurso da mesma fixeron prácticas de detección dos principais problemas ambientais aplicados as especialidades formativas do obradoiro.
Esta formación foi impartida ó mesmo tempo que reciben formación específica de cada especialidade e tamén realizan obras.
Valga, 26 de xaneiro de 2024
A directora
Mari Carmen Vidal
Síguenos nas Redes Sociais