Buscar...

Presentación do Programa de Custodia Fluvial Ulla-Umia-Lérez

Compartir

O vindeiro día 28 de Marzo, ás 20 horas na Casa de Cultura A.D.R. Castelao, terá lugar a Presentación do Programa de Custodia Fluvial Ulla-Umia-Lérez, unha iniciativa de participación, educación e voluntariado ambiental promovida por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) coa finalidade de dar a coñecer o  papel dos espazos fluviais, amosar as súas problemáticas e fomentar iniciativas de custodia do territorio que permitan á cidadanía a conservación e a mellora dos ríos.
Máis información en www.proxectorios.org.
Podes descargar o cartel en PDF aquí.

Accesibilidade