B A N D O
CURSO DE INFORMÁTICA: INICIACIÓN
Dona Mónica Monteagudo Gamallo, alcaldesa en funcións do Concello de Moraña,
Fai saber:
Que a Deputación Provincial de Pontevedra a través do PROGRAMA ACTÍVATE 2013 concedeulle ó Concello de Moraña un curso gratuíto de novas tecnoloxías: “Informática: iniciación”, de 40 horas, destinado a mozos e mozas de 16 a 35 anos (ambos os dous incluídos).
Todas aquelas persoas interesadas en asistir ó curso poderán presentar a súa solicitude no Departamento Municipal de Servizos Sociais Comunitarios do Concello ata o día 4 de outubro.
As persoas que non cumpran o requisito de idade poderán, así mesmo, cursar a solicitude pasando a formar parte da lista de agarda, que será utilizada no caso de quedar prazas vacantes.
Moraña, 25 de setembro de 2013
A alcaldesa en funcións
Mónica Monteagudo Gamallo
Síguenos nas Redes Sociais