Que a Deputación Provincial en colaboración ca Concello de Maraña convoca a concesión de prazas para participar na Segunda Campaña do “PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS “COIDARTE 2015″.
O desenvolvemento do Programa terá unha duración de cinco días da semana seguidos durante dúas horas cada día, voltando á súa casa ó final da actividade. Un autobús recollerá as persoas no Concello trasladándoas ó balneario escollído:
REQUISITOS:
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente (DNI E/OU CERTIFICADO DE PENSIÓN) poderán presentarse ATA O 05 DE OUTUBRO.
NOTA: Darase prioridade aos que nunca se beneficiaran deste programa.
Farase a selección segundo arde de recepción en caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas (TOTAL MÁXIMO 39 PRAZAS).
Non se admiten acompañantes que non cumpran os requisitos esixidos.
Para mais información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pódese descargar este Bando en formato PDF aquí: COIDARTE 2ª QUENDA
Síguenos nas Redes Sociais