Buscar...

PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR 2013

Compartir

BANDO
DONA. Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Deputación Provincial de Pontevedra amplía o prazo de convocatoria de concesión de prazas para participar no “PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR 2013”.
O desenvolvemento do Programa consiste en pasar 6 días con 5 noites , nun hotel con spa , balneario instalación ou outro tipo de instalacións similares da provincia de Pontevedra en réxime de pensión completa.
PREZO DO PROGRAMA:
• HESPERIA ISLA DA TOXA NO GROVE. Custo do usuario/a: 210€
• SPA OCA GALATEA-SANXENXO. Custo usuario/a: 195€
• GRAN TALASO EN SANXENXO. Custo usuario/a: 205€
• CARLOS I SPA SILGAR EN SANXENXO. Custo usuario/a: 190€
• TORRE DO DEZA SPA EN LALÍN. Custo usuario/a: 155€
• TALASO ATLÁNTICO EN OIA. Custo usuario/a: 205€
• BENESTAR MOAÑA TALASO SPA EN MOAÑA: Custo usuario/a: 185€
• NORAT SPA NO GROVE. Custo usuario/a: 170€
REQUISITOS:
– Persoas de 50 anos ou máis anos.
– Pensionista.
– Situación de respiro familiar.
– Non padecer enfermidade incompatible coa actividade do programa.
– Ter total autonomía para participar no mesmo.
As solicitudes, deberán ir acompañadas:
– Fotocopia DNI
– Fotocopia certificado de pensionista.
PRAZO DE ENTREGA ata o día 30 de NOVEMBRO DE 2013, NO REXISTO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.
NOTA: As prazas adxudicaranse por orde de entrada no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra.
Para máis información poden dirixirse ó Servizo Social Comunitario do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que fai público para xeral coñecemento.
Moraña, 9 de outubro de 2013
A alcaldesa
Mª Luisa Piñeiro Arcos

Accesibilidade