Buscar...

PROXECTO PREVENCIÓN +

Compartir

Un ano máis, inicianse en MORAÑA os Obradoiros de prevención das condutas adictivas do ámbito escolar. Estos Obradoiros realizaranse dentro do Proxecto de prevención das condutas adictivas no que participa MORAÑA dende o ano 2007 con outros concellos da contorna, Cuntis, Barro, Campo Lameiro e Portas, a través dun Convenio de colaboración entre os mesmos e contando co cofinanciamento da Consellería de Sanidade.

Ao longo deste curso escolar 2023-2024 realizáranse no CPI Plurilíngüe Sta. Lucía de Moraña varias actividades e obradoiros de prevención das condutas adictivas destinados ao alumnado de 6º Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Con eles, e seguindo a evidencia científica, traballaranse importantes factores de protección que reducen os riscos psicosociais na xuventude (hábitos saudables, habilidades sociais, habilidades de rexeitamento, autoestima, intelixencia emocional, etc.), ademais do traballo dos mitos e riscos asociados ao uso das novas tecnoloxías e ao consumo de tabaco, alcol e outras drogas.

Estas actividades reforzaranse con obradoiros destinados ás familias e con campañas de información e sensibilización sobre condutas adictivas. Fortalecendo deste xeito a aposta que dende o Concello de MORAÑA se realiza pola Promoción de hábitos saudables e a prevención das condutas adictivas entre a súa veciñanza, e en especial entre a xuventude.

Contacto Servizo de prevención das condutas adictivas:

Dirección: Centro Ocupacional “A Ran”, Cuntis.

Teléfono: 986595922 (Horario de 9:00 a 14:00h)

E-mail: prevenciondrogodependencias@concellodecuntis.es

Blog: www.prevenciondrogodependencias2020.blogspot.com

Seguinte

Accesibilidade