O alumando do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña Portas Valga I pertencente ós concellos de Moraña, Portas e Valga acompañados polo docente de forestais, docente de albanelería, administrativa e a directora, asistiron a unha visita a empresa Extrugasa en Valga.
Na cal se realizouse unha visita guiada polos diferentes procesos de produción da empresa, onde foron explicándonos as distintas fases do extorsionado de aluminio. Asemade os alumnos cubriron a ficha de solicitude de posto de traballo, á cal acompañaron o currículo que se lle fixo no obradoiro.
Dende a dirección do obradoiro, conxuntamente cos concellos de Moraña , Portas e Valga estase a traballar na futura inserción laboral do alumnado, realizando así contactos con diferentes empresas da comarca e entregándolle os currículos dos participantes no obradoiro. O obradoiro de emprego iniciou o 14 de novembro de 2024 ten unha duración de 12 meses.
O Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña Portas Valga está cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus no marco do programa FSE + Galicia 2021-2027
Síguenos nas Redes Sociais