Buscar...

Xornada informativa sobre os certificados de Profesionalidade

Compartir

Recoñecemento das competencias profesionais a través da experiencia laboral e vias non formais de formación.
En España existen case 13 millóns de traballadores (59.9%) que non recibiron preparación específica para o desenvolvemento dun posto de traballo, aínda que están a realizar unha actividade profesional.
A Lei de Dependencia recolle que para o ano 2015 o 100% dos/as auxiliares xerocultores/as debe estar acreditado.
Xeráronse unha infinidade de expectativas e dúbidas non só entre empresarios e
traballadores, senón tamén entre os profesionais que se dedican á xestión da formación
para o emprego, sobre a obtención do certificado de profesionalidade a partir da
experiencia ou da participación en determinados programas de formación ocupacional.
OBXETIVOS:
1. Concienciar da importancia da formación para o emprego e dar a coñecer cal é a
realidade desta situación a nivel da Comunidade de Galicia.
2. Explicar cáles son as distintas vías mediante as que se pode obter un certificado
de profesionalidade.
3. Informar sobre o procedemento de recoñecemento das competencias, segundo a
convocatoria publicada no DOG, o 28 de marzo de 2011.
DESTINATARIOS:
_ Traballadores e traballadoras en activo ou en situación de desemprego.
_ Empresarios/as interesados/as en formar ao seu persoal.
_ Axentes sociais que interveñen en materia de desenvolvemento local e sociolaboral.
Lugar e data de realización: Centro de Formación Ocupacional “A Ran”
Poligono Industrial “A Ran” s/n, Cuntis
Tfno 986 548708 (Prégase confirmar asistencia neste teléfono)
Luns día 18 de abril as 20:00 h.

Accesibilidade