Buscar...

Axudas para entidades sen ánimo de lucro.

Compartir

D. JOSÉ EIRAS PAZ ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORANA FAI SABER QUE
A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO publica a orden pola que se establecen as  bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e a mellora dos seus locais, e se procede á sua convocatoria para o ano 2011, co cofinanciamento de Fondos Feder.
Obxecto: convocatoria de axudas destinadas á mellora dos locais das asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro, no que atinxe ao equipamento e mellora dos seus locais.
Beneficiarios: asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24/02/2011
Para mais información pódese acudir ó Concello de Moraña ou chamar por teléfono o número 986 55 30 05
Podes descargar o Bando en PDF aquí.

Accesibilidade