Buscar...

Axudas para a Contratación de Seguros Agrarios

Compartir

D. JOSÉ EIRAS PAZ ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORANA FAI SABER QUE
A CONSELLERÍAA DO MEDIO RURAL convocou Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.
Obxecto: convocatoria de axudas para o fomento da contratación dos seguros para os seguros incluidos no Plan de Seguros Agrarios Combinados.
Beneficiarios: os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2011 e liñas gandeiras dos plans 2010 e 2011, formalizadas en 2011. Tamén poderán ser beneficiarios os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas.
Prazo de presentación de solicitudes: A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda.
Para mais información pódese acudir ao Concello de Morana ou chamar por teléfono o número 986 55 30 05
Morana, 24 de Xaneiro de 2011
O Alcalde JOSÉ A. EIRAS PAZ
Podes descargar o Bando en formato PDF aquí.

Accesibilidade