Buscar...

Apertura prazo matrícula Escola de Música

Compartir

DONA Ma LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Que o Concello de Moraña abre o prazo de matrícula para o curso 2013-2014 da Escola de Música Municipal de Moraña.
A matrícula deberá facerse no concello en horario de 9 a 15 horas.
O prezo será o seguinte:

  • Matrícula por curso escolar: 50 Euros.
  • Mensualidades para os nenos e nenas de Música e Movemento: 20 Euros. Mensualidades para os nenos e nenas de Instrumento: 40 Euros.

PRAZO PARA MATRICULARSE: Dende o día 20 de xuño ata O día 10 de xullo.
Prazas limitadas.
Para máis información poden dirixirse á Biblioteca Municipal ou chamar ó teléfono 986 55 28 09.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pódese descargar o impreso para a matrícula no seguinte vínculo: MATRICULA 2013-2014
Pódese descargar este bando en pdf no seguinte vínculo: bando-escola-musica

Accesibilidade