Buscar...

Ludoteca de Verán, Campionato de tenis e Festa do deporte "Xogando en Familia"

Compartir

O Concello de Moraña ven de organizar unha serie de actividades para o verán vencelladas aos máis pequenos e ao deporte:
En primeiro lugar, está aberto o prazo de insrcipción para o Campionato de Tenis, que se desenvolverá do 4 ao 25 de Xullo. As categorías:

  • Menores de 15 anos, xuvenil masculina e feminina
  • Maiores de 15 anos, absoluta masculina, absoluta feminina e dobres.

A COMPETICIÓN TERÁ LUGAR NO PAVILLÓN MUNICIPAL E A INSCRICIÓN FORMALIZARASE NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL OU NOS TELÉFONOS 986 55 28 09/ 680 611 286.
A data tope de inscrición será o 1 de xullo de 2013


Tamén está aberta a inscripción para a Ludoteca de Verán, para nenos e nenas de 3 a 12 anos durante os meses de Xullo e Agosto de 9 a 14 horas.
A inscripción na Casa de Cultura ADR Castelao a partir do 20 de Xuño.
O sábado 6 de Xullo, de 10 a 18 horas terá lugar a Festa do Deporte “Xogando coa Familia” nas instalacións deportivas da Rúa 7.Q
Quen pode participar? Todos os nenos entre 6 e 18 anos.
Haberá actividades para os nenos de 2 a 6 anos e para os maiores de 18 anos (consultar opción para cada idade).
Como podo inscribirme? Na Casa de Cultura ADR Castelao ou no teléfono 986 55 28 09.
Modalidades deportivas: atletismo, fútbol sala, baloncesto, balonmán, voley, tenis, tenis de mesa, bádminton, ciclismo.
Exhibicións: patinaxe, artes marcíais, hockey e automodelismo.

Accesibilidade