Axudas de compensacións complementarias e axudas para a compra de gando bovino e ovino-cabrún para a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais
D. JOSÉ EIRÁS PAZ ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MaRAÑA
FAI SABER QUE
A CONSELLERíA DO MEDIO RURAL publicou a Concesión de indemnizacións, axudas de compensacións complementarias e axudas para a compra de gando bovino e ovino-cabrún que teña por obxecto a reposición das reses, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución dos programas de control e erradicación de enfermidades dos animais
Obxecto: convocatoria de axudas e indemnizacións para os titulares de animais e /ou produtos sacrificados/m ortos e/ou destruídos por motivo do control e erradicación de enfermidades animais; por lucro cesante nos casos de inactividade nunha explotación gandeira por motivos dunha enfermidade sometida a un programa de erradicación; para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos naquelas explotacións en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, tras a realización do diagnóstico dunha das enfermidades sometidas a un programa oficial de control ou erradicación. Tamén se incluirán os casos de morte dos animais das citadas especies por mor dunha enfermidade sometida a un programa oficial de control ou erradicación e os casos de marte/sacrificio deses animais consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
Beneficiarios: os titulares de explotacións rexistradas de determinadas especies
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/11/2011
Para mais información pódese acudir ó Concello de Moraña ou chamar por teléfono o número 986 55 30 05
Podes descargar este Bando en formato PDF aquí.
Síguenos nas Redes Sociais