Buscar...

Axudas para ascensores

Compartir

Da. María Luisa Piñeiro Arcos, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Moraña
FAI SABER

Que a Consellería de Economía e Industria (Xunta de Galicia) convocou axudas para actuación s de mellora da eficiencia enerxética e seguranza nas instalacións de ascensores existentes para o ano 2012.
BENEFICIARIOS:Comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, legalmente constituídas de acordo coa Lei 49/1960, do 21 de xullo de propiedade horizontal, que reunan os requisitos establecidos na orde.
OBXECTO DA SUBVENCIÓN: Actuacións de mellora da eficiencia enerxética e seguranza en instalacións de ascensores existentes, pertencentes a comunidades de propietarios de edificios en réxime de propidade horizontal, tendo a consideración de actuacións subvencionables:

  • A substitución de equipamento por unha máquina de tracción directa, sen reductor.
  • A substitución de motores por outros controlados por variador de frecuencia ou aparellos con propósito equivalente.
  • Instalacións de controis con sistema de detectores de presenza. Estas actuacións deberán ir acompañadas por calquera das actuacións anteriores.

CONTIA DA AXUDA: A intensidade da axuda será dun 50% do investimento subvencionable, pero en ningún caso, baixo esta convocatoria, poderá concederse unha subvención superior a 3.000 euros por comunidade de propietarios. Non se admitirán a trámite solicitudes cun investimento subvencionable inferior a 3.000 euros. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2012 e a data de presentación da solicitude de libramento e, en todo caso, con data anterior ao prazo máximo de xustificación (30 novembro 2012).
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 20 DE XULLO DE 2012.
Información e Asesoramento no Concello de Moraña: 986 553 005
Pódese descargar este bando en formato pdf aquí: Axudas ascensores

Accesibilidade