Buscar...

Actividades para o 8 de Marzo, Día da Muller

Compartir

O 8 de marzo celébrase o Día da Muller, e o Concello de Moraña quere adicarllo este ano a todas aquelas mulleres que son dúas veces nais: as avoas.
ca7d057d-d82b-490c-979c-cf7176ba503dPor iso, o sábado 12 a partir das 18:30 horas teremos un acto na Biblioteca, onde todos os netos e netas que queiran poderán facerlle entrega dun agasallo ás súas avoas (unha carta, unha poesía, un debuxo,… en fin, algo feito por eles). Tamén contaremos coa presenza de dúas avoas que nos ensinarán como era a súa vida cando eran nenas.
Ó rematar, farase lectura dun manifesto en favor da igualdade no que todas a mulleres poderán participar deixando por escrito os seus pensamentos e desexos nos buzóns que temos na Casa de Cultura e no Concello.
Ás 20:00 horas, Redrum Teatro representará a obra Roedores.

Accesibilidade