Buscar...

Listaxe definitiva de persoas admitidas, de agarda e excluídas da Escola Infantil de Moraña para o curso 2012-2013

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS, DE AGARDA E EXClUÍDAS DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2012-2013.
O Consello Escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión do 31.05.2012 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2012 – 2013
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita Iistaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
1.Facer pública a Iistaxe definitiva de persoas admitidas, de agarda e excluídas da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2012-2013, por tramos de idade e orde de puntuación segundo o anexo I desta resolución.
2.Establecer o prazo de matrícula do 12 ao 30 de xuño ambos os dous incluídos. A matrícula formalizarase na Escola Infantil de Moraña en horario de mañá (10.30 a 11.30 horas) e de tarde (15.15 a 16.30 horas).
De non formalizarse a matrícula nas datas sinaladas ou non se presentase toda a documentación requirida, decaerá o dereito á praza obtida, segundo establece o artigo 19.4 do dito Regulamento.
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2012
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Pódese consultar a listaxe neste vínculo: Lista_definitiva_Moranha

Accesibilidade