• 8S4M5148
  • lapa_de_gargantans_2
  • Milagros de Amil1
  • 8s4m6621
  • c.s.xusta1
  • rapa_07
  • Casa Cultura 1
  • C.Amil3
  • petroglifos de ardegán 1

Historia


Máis que de feitos concretos, a historia de Moraña materialízase na abundancia de restos antigos e manifestacións artísticas que exemplifican o carácter antigo do asentamento humano nestas terras (restos arqueolóxicos, como petróglifos, menhires, dolmens, castros), datados ao redor de 3500–2000 a. C., e que se caracterizan polo traballo da pedra, abundante na zona.
Estes pobos indíxenas viron chegar os romanos a través da Vía XIX Bracara-Asturicam, que desde Tui viña polo interior e chega a Caldas de Reis por Campo Lameiro e Moraña (estela romana no cemiterio de Gargantáns), máis ou menos seguindo a actual estrada autonómica. Denominaron a estas terras Moraniam, segundo se deduce das actas do Concilio de Lugo (ano 569), onde se enclavaba como territorio limítrofe co dos celenos (Caldas) e que pertencía á sé episcopal de Iria-Flavia.
O primeiro dato escrito sobre Moraña atópase nos documentos do Concilio de Braga no ano 572. O rei Arximiro concédelle ao bispo de Iria, Andrés, unha serie de lugares onde figuraba Moraniam, todos pertencentes ata entón á sede metropolitana de Braga. Tampouco se sabe como estes lugares formaron o condado de Moraña pero no ano 958 o rei de Galicia Ordoño IV dóalle as vilas de Moimenta e Parada, no condado de Moraña, ao bispo Viliulfo de Tui. En 1019 o rei Alfonso V confirmou todas as millas, condados e posesións que os seus predecesores lles doaran á Igrexa de Santiago, entre os que figuraban: Salnés, Kaldas, Trollanes, Moraneam…
Ata o século XII non se coñece nada desta terra e será a partir de aí cando aparecen mostras do románico, as ábsidas das igrexas parroquiais de Rebón e Gargantáns. A partir de 1600 os datos xa son máis abundantes, as memorias do cardeal Xerónimo del Hoyo, arcebispo de Santiago, mostran unha visión da organización parroquial, economía e número de veciños daquel entón.
Durante a Idade Media o concello foi lugar de paso entre Santiago de Compostela, Pontevedra e Portugal. Pertencente á antiga provincia de Santiago e adscrito no Antigo Réxime ás xurisdicións de Amil e Peñaflor, o territorio morañés repartiuse en dous concellos: Saiáns e Moraña. Desapareceu o primeiro en 1836, cando se anexionou ao de Moraña, e quedou o segundo configurado cos seus lindes actuais.

O Tempo en Moraña

Enlaces Destacados

Recollida Selectiva e Reciclaxe Centro de Investigación e Divulgación do Patrimonio Cultural Telefonos de Interese Plan Urbanístico Novo Plan Xeral Perfil do Contratante Plan Operativo de Promoción da Saúde e Prevención de Drogodependencias Oficina Virtual do Oral Programa de Prevención e Redución do Abandono Escolar Plan Concellos DEPO 2017