Turismo

Moraña ofrece a todos os visitantes a posibilidade de aloxarse nas súas casas de turismo rural e unha serie de bares e restaurantes distribuídos polo concello para gozar dos bos produtos da zona. Altas montañas, lendarias carballeiras esparexidas por todo o municipio, muíños e miradoiros compoñen a oferta paisaxística deste concello e permiten gozar dun día tranquilo e apracible ao aire libre.
Desde o seguinte enlace pode acceder á zona de descargas da web da ADR Ulla-Umia, con diverso material de promoción turística do Territorio Ulla Umia. Nel atopará unha ampla e completa información turística e cultural sobre Moraña.

VÍDEOS: GALEGO | ESPAÑOL | INGLÉS | FRANCÉS | DIAPORAMA

Comentarios cerrados.