Buscar...

Que ver

Ademais do comentado nos apartados de historia, arquitectura e Moraña rupestre, o concello conta con outras paraxes e lugares para poder visitar e gozar ao aire libre. Altas montañas, lendarias carballeiras esparexidas por todo o municipio, curso dos ríos e fermosos saltos de auga, ademais doutras alternativas, compoñen a oferta paisaxística deste municipio.

As Carballeiras

sxusta

Carballeira de Santa Xusta

Situada na parroquia de Santa Xusta, no lugar da Igrexa, posúe máis de 450 carballos que se estenden sobre unha superficie de 25.400 metros cadrados. Hai un camiño empedrado que sobe dende o lugar de Lameiro ata o lugar da Igrexa, onde hai unha planicie desde a que se pode divisar parte do concello. Posúe ademais dúas fontes e un palco de música.

slucia

Carballeira de Santa Lucía

Situada na parroquia de Saiáns, no lugar de Santa Lucía, concretamente a 100 metros da Casa do Concello, está formada por 77 carballos. Ten unha extensión de 3.900 metros cadrados e é a carballeira onde se celebra a famosa Festa do Carneiro ó Espeto.

campelos-1

Carballeira de Campenlos

Situada no núcleo urbano, está formada por 52 carballos e ten máis de 3.300 metros cadrados.

campolebon

Campo de Lebón

Está situada na parroquia de Saiáns, no lugar de Corrigatos.

feira_vella

Campo da Feira Vella

Está situada na parroquia de Saiáns ao lado do Centro de Saúde e posúe 24 carballos.

Campo de Antón

Está situada en Santa Cruz de Lamas.

Carballeira da Buzaca

Está situada na parroquia de San Lourenzo.

Os Muíños

laxes-1

Muiños das Laxes

Situado no lugar das Laxes (Rebón), o río orixina abruptos saltos de auga que se aproveitaron para a creación de varios muíños. O acusado desnivel e as grandes rochas de granito crean unha imaxe impoñente nun contorno espectacular.

© Xoan Arco da Vella

Muíños de Arxeo

No río Cornide desemboca o Arxeo, e no seu leito hai unha serie de muíños nun contorno de sorprendentes bosques de especies autóctonas.

Os Miradoiros

Captura de pantalla 2020-06-12 a las 14.17.24

O miradoiro do monte Acibal

Está situado na parroquia de Amil, na estrada que a une coa capital da provincia. Desde o miradoiro pódense contemplar vistas da ría de Pontevedra e a ría de Arousa. Preto do miradoiro encóntrase a zona do Pastizal, prado extenso de singular beleza, rodeado de cercas de madeira e con mesas de pedra, ideais para comidas campestres. Aquí celébrase, a mediados de xullo, a Festa da Rapa das Bestas.

Captura de pantalla 2020-06-12 a las 14.17.24

O miradoiro do monte Ardegán

Está situado entre a parroquia de Santa Xusta e San Martiño de Gargantáns, na estrada autonómica Caldas-Campo Lameiro. Pódense observar excelentes paisaxes do municipio e hai que destacar a importancia dos restos arqueolóxicos do lugar.

cerdeira

O miradoiro de Cerdeiras

Está situado na parroquia de S. Lourenzo, no lugar de Cerdeiras, na estrada autonómica PO-221 Caldas-Campo Lameiro. Nel poden contemplarse magníficas vistas da ría de Arousa.

castelo

O miradoiro do Monte Castelo

Situado na parroquia de Cosoirado, nel pódense contemplar fermosas paisaxes da maior parte do municipio e tamén da beira coruñesa da ría de Arousa.

TURISMO

7 Comentarios

  1. elena couso pouso 30 Maio, 2011

    me encanta esta web,es muy chula espero que a todos os guste como ami.

  2. oscar gomez gonzalez 30 Maio, 2011

    esta web es muy buena,ojala os guste tanto como ami

  3. ESTEBAN RUIZ 10 Xuño, 2012

    SOMOS UN GRUPO DE PERSONAS QUE ESTAMOS INTERESADOS EN ASISTIR A LA “FIESTA DO CARNEIRO O ESPETO”, QUE PENSAMOS SE CELEBRA EL PROXIMO DIA 29.07.2012.
    COMO O DONDE PODEMOS CONTACTAR PARA RESERVAR NUESTRAO ESPACIO?
    RUEGO TELEFONO O CORREO ELECTRONICO. GRACIAS.

    1. Concello 11 Xuño, 2012

      Moi boas! O prazo de reserva de lotes vaise abrir en breve. A mecánica de reserva é por pago bancario. Para máis información, telefoneen ao Concello.

  4. Lourdes Capilla Ruibal 16 Novembro, 2012

    YA SE POR QUE ME GUSTAN TANTO LOS ARBOLES, QUE BONITOS SON LOS DE MORAÑA.

  5. José Luis 4 Maio, 2014

    A Asociación Cultural e de Veciños “A FONTE SALGUEIRA” O ano pasado fomos de excursión Os Milagros de Amil e quedamos con ganas de ir a romeira do Carneiro o espeto. Contamos con facelo pero temos que saber como temos que facer, cando nos temos que apuntar, canto custa o menu por persona para un grupo de 40 a 55 etc.
    Rogo manden información. GRACIAS.

  6. MARIA DEL PILAR MUÑOZ FUENTES 11 Febreiro, 2015

    SOY NIETA DE UNA ORIUNDA DE MORAÑA, DE SAN LORENZO. VIVO EN URUGUAY. COMO PUEDO AVERIGUAR SI LA FAMILIA DE MI ABUELA AÚN RESIDE EN LA CASA MATERNA. HASTA HACE UNOS AÑOS SE HABÍAN VUELTO ALLÍ. ESTE AÑO PIENSO IR AL FESTEJO DE LA VIRGEN DE LOS MILAGROS DE AMIL Y ME HACE MUCHA ILUSIÓN CONTACTAR NUEVAMENTE A NUESTRA FAMILIA GALLEGA… MI ABUELA FALLECIÓ EL AÑO PASADO A LOS 101 AÑOS Y SIEMPRE ME HABLÓ TANTO, TANTO DE SU PUEBLO QUE CREO QUE SÉ DONDE ESTÁ CADA CASA, INCLUSO LA QUE HABITÓ ELLA… ESPERO PRONTA CONTESTACIÓN Y MUCHÍSIMAS GRACIAS.

Deixa un Comentario

Accesibilidade