Buscar...

Bases para a Contratación Laboral de unha praza de persoal laboral eventual, ano 2011

Compartir

BASES PARA A CONTRATACION LABORAL DE 1 PRAZA DE PERSOAL LABORAL EVENTUAL, ANO 2010.
________________________
1ª.- O obxecto destas bases é a contratación laboral eventual de 1 praza de peón para mantemento e vixiancia da piscina, incluída no cadro de persoal laboral eventual de 2010, polo período do 15-06-2010 ao 14-09-2010.
A oferta desta contratación laboral eventual, está basada nos artigos 12 e 15 do Estatuto dos Traballadores, Lei 12/2001, do 9 de xullo (BOE 10-07-2001) e Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, e o tempo de contratación é de
tres meses (do 15 de xuño ó 14 de setembro de 2010).
As retribucións serán as establecidas no convenio colectivo de aplicación de construcción da provincia de Pontevedra.
2ª.- As persoas interesadas en tomar parte nesta contratación, deberán reuni-los seguintes requisitos:
a) Ter cumpridos os 18 anos de idade.
b) Estar en posesión ou en condición de obter o certificado de escolaridade.
c) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
d) Non estar separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera administración pública, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.
3ª.- Os interesados presentarán as solicitudes dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente, no Rexistro Xeral deste Concello, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de OITO DIAS NATURAIS, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no boletín oficial da provincia.
A solicitude deberá vir acompañada da documentación que acredite as condicións mínimas esixidas nesta convocatoria e dos méritos alegados polo aspirante.
4ª.- Na selección valoraranse os seguintes méritos:
1.- Servicios prestados en postos similares, ata a data do anuncio desta convocatoria no boletín oficial da provincia, asignándolle unha puntuación de 0,30 puntos por mes traballado, ata un máximo de 5 puntos.
2.- Cargas familiares, 0,5 puntos por membro da unidade familiar, máximo 2 puntos
a) Declaración da renda da unidade familiar.
b) Certificación dos membros que compoñen a unidade familiar.
3.- Por antigüidade de inscrición na oficina de emprego, 0,1 puntos por mes, máximo 1,2 puntos.
4.- A condición de minusvalía que non afecte ó desempeño do posto de traballo, ata un máximo de 2 puntos.
5ª.- A Comisión seleccionadora estará integrada polos seguintes membros:
PRESIDENTE: D. Herminio M. Diz García, Aparellador Municipal
VOCAIS: D. Vicente Silva Conles, Administrativo-Tesoureiro e Don Gumersindo Calvo Rey, Auxiliar Administrativo.
SECRETARIO: D.José Ramón Pose Barrigón, Secretario do Concello, ou funcionario en quen delegue.
6ª.- Valorados tódolos méritos alegados polos aspirantes que reunan as condicións esixidas a comisión formulará a correspondente proposta de designación a favor dos candidatos que obtivesen a maior puntuación.
No suposto de empate realizarase un sorteo público para determina-la orde de selección.
Efectuándose o nomeamento polo Sr. Alcalde-Presidente e asinándose o correspondente contrato laboral.
7ª.- Para o non previsto nestas bases, rexirán como supletorios a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, a Lei 7/85, de 2 de abril; Real Decreto 781/86, de 18 de abril e demáis disposicións concordantes.
Moraña, 20 de abril de 2010
O ALCALDE
Asdo. José A. Eiras Paz

Accesibilidade