Buscar...

Cursiños de Natación

Compartir

DON JOSE EIRAS PAZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que nos vindeiros meses de xullo e agosto vanse celebrar uns CURSIÑOS DE NATACION na piscina municipal, sita no lugar da Bouza-Santa Xusta.
NUMERO DE PRAZAS:……… 40 por mes.
COTA DE INSCRICION: …. 21,04 EUROS/MES.
PRAZOS DE INSCRICION:
Mes de xullo, de luns a venres, de 9 a 14 horas, dende o 15 ata o 29 de xuño de 2011.
Mes de agosto, de luns a venres, de 9 a 14 horas, dende o 15 ata o 28 de xullo de 2011.
TURNOS: Serán de 45 minutos, estableceranse polo monitor.
SOLICITUDES: presentarase nas oficinas xerais, previo pago da cota de inscrición nas oficinas de CAIXANOVA de Moraña, no que deberá figurar o nome do participante no curso e o do pai, nai ou titor que o autoriza.
SELECCION DE CURSILLISTAS:
A selección de cursillistas farase tendo en conta:
– Ser residente no Concello de Moraña.
– Preferencia ós rapaces que non sepan nadar e que non asistiran a ningún outro cursiño de natación.
– Número de rexistro de entrada da solicitude.
O que se comunica para xeral coñecemento.
Moraña, 6 de xuño de 2011
O ALCALDE
Asdo. JOSE EIRAS PAZ

Accesibilidade